Copiar só celas visíbeis

Imaxine que ocultou varias filas dun intervalo de celas e que agora desexa copiar, eliminar ou formatar só aquelas filas que aínda son visíbeis.

LibreOffice reaccionará dunha maneira ou doutra dependendo do método que anteriormente se escollese para tornar invisíbeis as celas: por filtro ou manualmente.

Método e acción

Resultado

As celas filtráronse con filtros automáticos, filtros estándar, ou filtros avanzados.

Copiar, eliminar, mover ou formatar unha selección das celas que se están a visualizar.

Só se copian, eliminan, moven ou formatan as celas visíbeis.

As celas ocultáronse manualmente coa orde Ocultar do menú de contexto dos títulos de fila ou columna, ou por medio dun esquema.

Copiar, eliminar, mover ou formatar unha selección das celas que se están a visualizar.

Todas as celas da selección, mesmo as celas ocultas, cópianse, elimínanse, móvense ou formátanse.


Precisamos da súa axuda!