Protexer celas de cambios
No Calc de LibreOffice pode protexer follas e documentos como un todo. Pode escoller se protexer as celas contra os cambios accidentais, se as fórmulas poden verse desde dentro do Calc ou se poden ser impresas.
A protección pode ser garantida mediante un contrasinal, mais non ten por que selo. Se se indicou un contrasinal, a protección só pode ser retirada unha vez introducido o contrasinal correcto.
Teña en conta que a protección para as celas co atributo Protexida só é efectiva cando se protexe toda a táboa. Na condición predeterminada, todas as celas teñen o atributo Protexida. Por tanto, haino que eliminar das celas nas que o usuario poida realizar cambios. A continuación, protexa toda a táboa e garde o documento.
Estes recursos de protección son apenas conmutadores que impiden unha acción accidental. Os recursos non están pensados para fornecer unha protección segura. Por exemplo, simplemente exportando unha folla a outro formato de ficheiro é posíbel evitar esta técnica de protección. Só existe unha protección segura: o contrasinal que se aplica ao gardar un ficheiro de OpenDocument. Un ficheiro gardado con contrasinal só pode ser aberto co mesmo contrasinal.
-
Seleccione as celas nas que desexa definir as opcións de protección de cela.
-
Escolla Protección de cela.
e prema na lapela -
Seleccione as opcións de protección que desexe. Todas as opción aplícanse só despois de protexer a folla desde o menú Ferramentas - consulte embaixo.
Desmarque Protexida para permitir que o usuario cambie as celas seleccionadas actualmente.
Seleccione Protexida para evitar cambios de contido e de formato nas celas.
Seleccione Ocultar fórmula para ocultar e protexer as fórmulas dos cambios.
Seleccione Ocultar durante a impresión para ocultar as celas protexidas en documentos impresos. As celas non están ocultas na pantalla.
-
Prema en Aceptar.
-
Aplique as opcións de protección.
Para evitar que as celas se modifiquen / vexan / impriman conforme a configuración definida na caixa de diálogo Formato - Celas, escolla .
Para evitar que se cambien a estrutura do documento, por exemplo a cantidade, nomes e orde das follas, escolla .
-
(Opcional) Introduza un contrasinal.
Se esquece o seu contrasinal non será posíbel desactivar a protección. Se só quere protexer as celas de posíbeis cambios accidentais, configure a protección de folla, mais non introduza ningún contrasinal.
-
Prema en Aceptar.