Introducir valores

O Calc pode simplificar a introdución de datos e valores en varias celas. Pódense alterar algunhas opcións para adaptalas ás súas preferencias.

Para introducir valores nun intervalo de celas manualmente

Existen dúas funcionalidades que axudan a introducir un bloque de datos manualmente.

Detección de área para filas novas

Na liña inmediatamente inferior a unha liña cun título pódese avanzar dunha cela para a seguinte coa tecla de tabulador. Despois de introducir o valor na última cela da fila actual, prema Intro. O Calc coloca o cursor debaixo da primeira cela do bloque actual.

detección de área

Na fila 3 prema o tabulador para avanzar da cela B3 á C3, D3 e E3. Despois prema Intro para avanzar para B4.

Selección de área

Empregue técnica de arrastrar e soltar para seleccionar a área na que quere introducir valores. Mais comece arrastrando desde a última cela da área e solte o botón do rato cando tiver seleccionada a última cela. Xa pode comezar a introducir valores. Prema sempre a tecla de tabulador para avanzar para a seguinte cela. Non sairá da área seleccionada.

selección de área

Seleccione a área desde E7 até B3. Agora, B3 agarda a introdución de datos. Prema o tabulador para avanzar para a cela seguinte dentro da área seleccionada.

Para introducir valores nun intervalo de celas automaticamente

Consulte Encher automaticamente datos baseándose nas celas adxacentes.

Precisamos da súa axuda!