Aplicar formato automático a un intervalo de celas seleccionado

Pódese empregar a funcionalidade de formato automático para aplicar un formato rapidamente a unha folla ou a un intervalo de celas seleccionado.

Para aplicar un formato automático a unha folla ou a un intervalo de celas seleccionado.

  1. Escolla as celas, incluídos os títulos de columnas e de filas, ás que desexa dar formato.

  2. Escolla Formato - Formato automático.

  3. Para seleccionar as propiedades que se incluirán no formato automático, prema en Máis.

  4. Prema en Aceptar.

    O formato aplícase ao intervalo de celas seleccionado.

Icona Nota

Se non aprecia ningún cambio na cor dos contidos das celas, escolla Ver - Realce de valor.


Para definir un formato automático de follas de cálculo

Pode configurar un formato automático novo que estea dispoñíbel para todas as follas de cálculo.

  1. Formatar follas de cálculo.

  2. Escolla Editar - Seleccionar todo.

  3. Escolla Formato - Formato automático.

  4. Prema en Engadir.

  5. Na caixa Nome da caixa de diálogo Engadir formato automático, introduza un nome para o formato.

  6. Prema en Aceptar.

Precisamos da súa axuda!