Conversión ASCII/ANSI en cadeas

As seguintes funcións converten códigos ASCII ou ANSI a cadeas e viceversa.

Función Asc

Devolve o valor ASCII (American Standard Code for Information Interchange - Código estándar americano para o intercambio de información) do primeiro carácter dunha expresión de cadea.

Función Chr

Devolve o carácter que corresponde ao código de carácter especificado.

Función Str

Converte unha expresión numérica nunha cadea.

Función Val

Converte unha cadea nunha expresión numérica.

Función CByte

Converte unha cadea ou expresión numérica ao tipo Byte.

Precisamos da súa axuda!