Funcións de tratamento de erros

Use as seguintes instrucións e funcións para definir o modo de reaccionar de LibreOffice Basic ante erros en tempo de execución.

LibreOffice Basic ofrece varios métodos para impedir a finalización dun programa cando se produce un erro en tempo de execución.

Función Erl

Devolve o número da liña onde se produciu o erro durante a execución do programa.

Función Err

Devolve un código de erro que identifica o erro que se produciu durante a execución do programa.

Función Error

Devolve a mensaxe de erro correspondente ao código de erro dado.

On Error GoTo ... Resume Statement

Activa unha rutina de tratamento de erros tras producirse un erro, ou retoma a execución do programa.

Precisamos da súa axuda!