Function TimeValue

Calcula un valor de hora en serie a partir da hora, minuto e segundo especificados - parámetros pasados como cadeas - que representan a hora nun único valor numérico. Este valor pode usarse para calcular a diferenza entre horas.

Sintaxe:


TimeValue (Texto As String)

Valor de retorno:

Data

Parámetros:

Text: Any string expression that contains the time that you want to calculate in the format "HH:MM:SS".

Coa función TimeValue pode converter calquera hora nun único valor, podendo calcular as diferenzas entre horas.

A función TimeValue devolve o tipo Variante con VarType 7 (Data) e almacena este valor internamente como un número de dupla precisión entre 0 e 0,9999999999.

Ao contrario das funcións DateSerial ou DateValue, onde os valores de data en serie resultan en días relativos a unha data fixa, pode efectuar cálculos cos valores devoltos pola función TimeValue mais non pode avalialos.

Na función TimeSerial, pode pasar parámetros individuais (hora, minuto, segundo) como expresións numéricas separadas. No caso da función TimeValue, no entanto, pode pasar unha cadea de caracteres como un parámetro que contén a hora.

Códigos de erro

5 Chamada de procedemento incorrecta

13 Tipo de datos non coincidente

Exemplo:


Sub ExampleTimerValue
Dim daDT As Date
Dim a1, b1, c1, a2, b2, c2 As String
    a1 = "hora inicial"
    b1 = "hora final"
    c1 = "tempo total"
    a2 = "8:34"
    b2 = "18:12"
    daDT = TimeValue(b2) - TimeValue(a2)
    c2 = a1 & ": " & a2 & chr(13)
    c2 = c2 & b1 & ": " & b2 & chr(13)
    c2 = c2 & c1 & ": " & trim(Str(Hour(daDT))) & ":" & trim(Str(Minute(daDT))) & ":" & trim(Str(Second(daDT)))
    MsgBox c2
End Sub

Precisamos da súa axuda!