Glosario básico do LibreOffice

Este glosario explica algúns termos técnicos cos que pode encontrarse ao traballar con LibreOffice Basic.

Cores

No LibreOffice Basic, as cores trátanse como un valor enteiro longo. O valor devolvido polas consultas de cores é sempre un valor enteiro longo. Ao definir propiedades pódense indicar cores empregando o seu código RGB, que é convertido nun valor enteiro longo empregando a función RGB.

Notación URL

Os URL (Localizadores Uniformes de Recursos) empréganse para determinar a situación dun recurso, como un ficheiro nun sistema de ficheiros, habitualmente dentro dun ambiente de rede. Un URL consiste nun especificador de protocolo, un especificador de servidor e un especificador de ficheiro e ruta:

protocolo://nome.do.servidor/ruta/ao/ficheiro.html

O uso máis habitual dos URL dáse na Internet para indicar páxinas web. Como exemplos de protocolos están http, ftp e file. O especificador do protocolo file emprégase para se referir a un ficheiro do sistema de ficheiros local.

A notación dos URL non permite a utilización de determinados caracteres especiais. Estes son substituídos por outros caracteres ou codificados. Como separador de rutas emprégase unha barra (/). Por exemplo, un ficheiro ao que se faga referencia como C:\O meu ficheiro.odt na máquina local na «notación de Windows» convértese en file:///C:/O%20meu%20ficheiro.odt na notación dos URL.

Separador de decimais

Ao converter números, LibreOffice Basic utiliza a configuración local do sistema para determinar o tipo de separador decimal e de millar.

Este comportamento ten efecto tanto na conversión implícita ( 1 + "2,3" = 3,3 ) como na función IsNumeric.

Twips

Os twips son unidades independentes da pantalla, utilizados para determinar o posicionamento e tamaño uniformes de elementos da pantalla nos sistemas de visualización. Un twip corresponde a 1/1440 dunha polgada ou 1/20 do punto da impresora. Por tanto, hai 1440 twips nunha polgada ou, aproximadamente, 567 twips nun centímetro.

Unidades de medida

No Basic do LibreOffice, un parámetro de método ou unha propiedade que esperen unha información de unidade poden ser indicados como expresión tanto de enteiros como de enteiros longos, sen unidade, ou como unha cadea de caracteres que conteña unha unidade. Se non se pasa ningunha unidade ao método, emprégase a unidade predeterminada definida para o documento activo. Se o parámetro se pasa como unha cadea de caracteres que conteña unha unidade de medida, a opción predeterminada é ignorada. A unidade de medida predeterminada para un tipo de documento pode ser configurada en - (Tipo de documento) - Xeral.

Precisamos da súa axuda!