Axuda dos scripts en Python do LibreOffice

O LibreOffice fornece unha Interface de Programación de Aplicativos (API) que permite controlar os compoñentes do LibreOffice con diferentes linguaxes de programación empregando o Paquete de Desenvolvemento de Software (SDK) do LibreOffice. Para máis información sobre a API do LibreOffice e o Paquete de Desenvolvemento de Software (SDK), visite http://api.libreoffice.org

Esta sección de axuda explica as funcións máis frecuentes dos scripts en Python para o LibreOffice. Para información máis detallada, consulte Deseño de desenvolvemento de aplicativos en Python no wiki.

Traballar con scripts en Python no LibreOffice

Pódense executar scripts en Python escollendo Ferramentas - Macros - Executar macro. Os scripts pódense editar co editor de texto preferido. Os scripts en Python están presentes en varios lugares que se detallan a seguir. Pode consultar os exemplos de programación para macros que ilustran como executar a consola interactiva de Python desde o LibreOffice.

Setting up an Integrated Development Environment (IDE) for Python

Python Scripts Organization and Location

Running Python Interactive Console

Programming with Python Scripts

Exemplos de programación en Python

Axuda sobre a Axuda

As referencias da Axuda sobre a configuración predeterminada do programa nun sistema que está configurado de modo predeterminado. As descricións de cores, accións do rato ou outros elementos poden ser diferentes entre o programa e o sistema.

Precisamos da súa axuda!