Barra de fórmulas

A barra de fórmulas permite crear e inserir cálculos en documentos de texto. Para activar a barra de fórmulas, prema en F2.

Referencia de cela

Mostra a posición do cursor na cela dunha táboa.

Fórmula

Abre un submenú que permite inserir unha fórmula na cela dunha táboa. Coloque o cursor nunha cela da táboa ou na posición do documento na que desexe que apareza o resultado. Prema na icona Fórmulae escolla a fórmula desexada no submenú.

Icona

Fórmula

Cancelar

Limpa o contido da liña de entrada e pecha a barra de fórmulas.

Icona

Cancelar

Aplicar

Transfire o contido da liña de entrada ao documento e pecha a barra de fórmula. O contido da liña de entrada insírese na posición do cursor.

Icona

Aplicar

Área de fórmulas

Permite crear fórmulas escribindo directamente na liña de entrada ou premendo na icona Fórmula para mostrar as fórmulas no submenú.

Área de fórmulas con fórmula

Área de fórmulas