Barra Estado

A barra Estado contén información sobre o documento así como varios botóns con funcións especiais.

Número de páxina

O número da páxina actual móstrase neste campo da barra de estado. Para navegar polo documento prema dúas veces para abrir o Navegador. Prema co botón dereito do rato para mostrar os marcadores existentes. Prema nun marcador para colocar o cursor do texto nese lugar.

Estilo de páxina

Mostra o estilo de páxina actual. Prema dúas veces para editar o estilo ou prema co botón dereito do rato para seleccionar un estilo diferente.

Idioma

Mostra o idioma do texto seleccionado.
Prema para abrir un menú onde poida escoller outro idioma para o texto seleccionado ou para o parágrafo actual.
Seleccione Ningún para excluír o texto da corrección e guionización.
Seleccione Restabelecer o idioma predeterminado para reaplicar o idioma predeterminado na selección ou no parágrafo.
Escolla Máis para abrir uma caixa de diálogo con máis opcións.

Modo inserir

Displays the current insert mode. You can toggle between INSRT = insert and OVER = overwrite.

Modo de selección

Aquí pódese alternar entre modos de selección diferentes.

Modificación de documento

Se aínda non se gardaron algúns cambios do documento, móstrase un «*» neste campo da barra de estado. Isto tamén se aplica a documentos novos aínda sen gardar.

Sinatura dixital

Ver tamén Sinaturas dixitais.

Visualización combinada

Mostra a información sobre o documento.

Deseño da visualización e o zoom

Tres controis na Barra de estado de Writer permítenlle cambiar o zoom e ver o deseño dos seus documentos.

As iconas do deseño de visualización móstranse de esquerda a dereita: modo de columna única. Modo de visualización con páxinas a cada lado. Modo libro con dúas páxinas coma nun libro aberto.

Arrastre o control de zoom deslizante á esquerda para mostrar máis páxinas, arrastre cara a dereita para aumentar dentro dunha páxina e mostrar unha área máis pequena da páxina.

Zoom

Especifica o factor de zoom da visualización da páxina.