Form

Contains commands for activate form design mode, open control wizards and insert form controls in your text document.

Design Mode

Enable or disable form design mode.

Control Wizards

Enable or disable control wizards.

Campo de etiqueta

Icona

Engade un campo para a visualización de etiquetas de texto. Estas etiquetas só se utilizan para a visualización de texto predefinido e non para introducir texto.

Caixa de texto

Icona

Engade unha caixa de entrada onde pode introducir e editar texto.

Caixa de verificación

Icona

Inclúe unha caixa de verificación que pode usarse para activar ou desactivar unha función.

Botón de opción

Icona

Engade un botón que permite seleccionar entre varias opcións. Os botóns de opción agrupados deben ter índices de tabulación consecutivos. Normalmente están rodeados por unha caixa de grupo. Se ten dous grupos de botóns de opción, debe inserir un índice de tabulación entre os índices dos dous grupos no marco do grupo.

Caixa de combinación

Icona

Engade unha caixa de combinación. Trátase dunha caixa de lista onde o usuario pode premer e seleccionar unha entrada. Se o desexa, pode converter as entradas da caixa de combinación en "só de lectura".

Botón

Icona

Engade un botón de ordes. Pode utilizalo para executar unha orde nun evento definido, como un clic do rato.

Se o desexa, pode engadir ao botón un texto ou imaxe.

Botón de imaxe

Icona

Crea un botón que se mostra como imaxe. Á parte da representación gráfica, o botón de imaxe ten as mesmas propiedades que un botón "normal".

Campo formatado

Icona

Engade unha caixa de texto onde pode definir o formato do texto que se introduce ou mostra así como os valores de límite.

More fields

Date, time, numerical, currency and pattern form fields.

Caixa de grupo

Icona

Engade un marco onde é posíbel agrupar visualmente controis semellantes, como botóns de opción.

Control de imaxe

Icona

Crea un control de imaxe. Só pode usarse para engadir imaxes dunha base de datos. Prema dúas veces nun destes controis para abrir a caixa de diálogo Inserir imaxe, onde pode inserir a imaxe. Tamén hai un menú de contexto (non dispoñíbel en modo deseño) que contén ordes para inserir e eliminar imaxes.

Pódense mostrar imaxes de base de datos nos formularios e inserir novas imaxes nas bases de datos sempre que o control de imaxe non estea protexido contra escrita. O control debe facer referencia a un campo de base de datos do mesmo tipo que a imaxe. Introduza o campo de datos na xanela de propiedades da lapela Datos.

Selección de ficheiros

Icona

Engade un botón que abre un diálogo de selección de ficheiro.

Control de táboa

Icona

Crea un control de táboa para visualizar unha táboa de base de datos. Cando se crea un control de táboa, aparece o asistente de elementos de táboa.

Barra de navegación

Icona

Crea unha barra de navegación.

Propiedades de control

Abre unha caixa de diálogo que permite editar as propiedades dun control seleccionado.

Propiedades de formulario

Nesta caixa de diálogo pode especificar, entre outras cousas, a fonte de datos e os eventos de todo o formulario.

Explorador de formularios

Abre o Explorador de formularios, que mostra os formularios e subformularios do documento actual cos seus respectivos controis.

Orde de tabulación

Ao seleccionar un formulario ábrese a caixa de diálogo Orde de tabulación, onde se definen os índices para enfocar os elementos de control por medio da tecla Tab.

Abrir en modo deseño

Abre os formularios en modo deseño para que se poidan editar.

Automatic Control Focus

Enable or disable Automatic Control Focus