Inserir táboas
Existen varias formas de crear táboas en documentos de texto. Pode inserir táboas a partir de barras de ferramentas, de follas de cálculo ou a través de ordes de menú.
Para inserir unha táboa a partir dunha barra de ferramentas
-
Coloque o cursor no lugar onde desexe inserir a táboa.
-
Na Estándar ou Inserir bar, prema na frecha á beira do Táboa icona.
-
Arrastre o apuntador do rato pola grade da táboa para seleccionar as liñas e columnas que desexe e, a seguir, solte o botón do rato.
Para cancelar, arrastre o apuntador do rato cara ao outro lado ata que apareza a opción Cancelar na área de visualización da grade.
Para inserir unha táboa cun comando de menú
-
Coloque o cursor no lugar onde desexe inserir a táboa.
-
Choose Table - Insert Table.
-
Na área Tamaño, introduza o número de filas e columnas.
-
Seleccione as opcións que desexe e prema en Aceptar.
Para inserir unha táboa a partir dunha folla de cálculo Calc
-
Abra a folla de cálculo de LibreOffice Calc que conteña o intervalo de celas que desexa inserir.
-
Arrastre o apuntador do rato para seleccionar as celas.
-
Escolla Editar - Copiar.
-
Siga un destes procedementos no documento de texto:
-
Escolla Editar - Pegar. O intervalo de celas é pegado como un obxecto OLE. Para editar o contido das celas, prema dúas veces no obxecto.
-
Escolla Editar - Entrada de índice e siga un destes procedementos:
Opcións |
Insírese como... |
Folla de cálculo de LibreOffice 6.1 |
Prema en ComandoCtrl+B. |
Metaficheiro GDI |
Imaxe |
Mapa de bits |
Imaxe |
HTML |
Táboa HTML |
Texto sen formato |
Só texto, tabulacións como separadores |
Texto formatado [RTF] |
Táboa de texto |
Ligazón DDE (só en Windows) |
Estrutura e contido de táboas, sen formato. Con actualización |
Arrastrar e soltar intervalos de celas en follas de cálculo de Calc
-
Abra a folla de cálculo de LibreOffice Calc que conteña o intervalo de celas que desexa inserir.
-
Arrastre o apuntador do rato para seleccionar as celas.
-
Manteña premido o botón do rato nas celas seleccionadas.
-
Arrastre as celas seleccionadas ata o documento de texto.