Cambiar fondos de páxina

LibreOffice usa estilos para especificar o fondo das páxinas. Por exemplo, para cambiar o fondo dunha ou máis páxinas dun documento a unha marca de auga, é necesario crear un estilo de páxina que use o fondo de marca de auga e, a continuación, aplicalo ás páxinas.

Para cambiar o fondo da páxina

  1. Choose View - Styles.

  2. Prema na icona Estilos de páxina.

  3. Na lista de estilos de páxina prema co botón dereito do rato nun elemento e escolla Novo.

  4. Introduza un nome para o estilo de páxina na caixa Nome, situada no separador Organizador.

  5. Seleccione na caixa Seguinte estilo o estilo de páxina que desexa aplicar á páxina seguinte.

  1. Prema no separador Fondo.

  2. Na caixa de lista da parte superior seleccione se desexa unha cor sólida ou unha imaxe. A seguir, seleccione no separador as opcións desexadas.

  3. Prema en Aceptar.

Para cambiar o fondo de todas as páxinas dun documento

Antes de comezar, comprobe se creou un estilo que use un fondo de páxina. Para obter detalles, vexa Para cambiar o fondo de páxina.

  1. Choose View - Styles.

  2. Prema na icona Estilos de páxina.

  3. Prema dúas veces no estilo que use o fondo de páxina que desexa aplicar.

Para usar diferentes fondos de páxina no mesmo documento

Antes de comezar, comprobe se creou un estilo que use un fondo de páxina. Para obter detalles, vexa Para cambiar o fondo de páxina.

  1. Prema diante do primeiro carácter do parágrafo cuxo fondo de páxina desexe cambiar.

  2. Escolla Inserir - Quebra manual.

  3. Seleccione Quebra de páxina.

  4. Na <item type ="menuitem"> Estilo </ item> caixa, seleccione un estilo de páxina que utiliza o fondo da páxina.

  1. Prema en Aceptar.

Page Watermark

Insert a watermark text in the current page style background.

Sobre cabeceiras e pés de páxina

Crear estilos de páxina baseados na páxina actual

Inserir o nome e número de capítulo nunha cabeceira ou pé de páxina

Formatado de cabeceiras ou pés de páxina