Bordos definidos polo usuario en documentos de texto
Pódense aplicar diferentes tipos de bordos ás celas seleccionadas ou en toda a táboa. Outros obxectos en documentos de texto tamén poden ter bordos definidos polo usuario. Por exemplo, pódense atribuír bordos para estilos de páxina, para marcos e para imaxes ou gráficas inseridas.
-
Seleccione a cela ou bloque de celas na táboa de Writer
-
Escolla
. -
Prema no separador Bordos da caixa de diálogo.
-
Escolla as opcións de bordo que desexa aplicar e prema en Aceptar.
As opcións da área Disposición de liña serven para aplicar diversos estilos de bordo.
Selección de celas
Dependendo da selección de celas, a área terá unha aparencia ou outra.
Selección |
Área Disposición de liñas |
Unha cela seleccionada nunha táboa de máis dunha cela, ou un cursor dentro dunha táboa sen cela seleccionada. |
|
Táboa dunha única cela coa cela seleccionada |
|
Celas na columna seleccionada |
|
Celas na fila seleccionada |
|
Unha táboa completa de 2x2 ou máis celas seleccionadas |
Configuración predefinida
Prema nunha das iconas Predefinido para definir ou restabelecer bordos múltiplos.
-
A liña fina de cor gris de dentro das iconas mostra os bordos que serán restabelecidos ou limpados.
-
As liñas escuras de dentro das iconas mostran as liñas que serán definidas utilizando a cor e estilo de liña seleccionado.
-
As liñas grosas de cor gris de dentro das iconas mostran as liñas que non serán modificadas.
Exemplos
Seleccione un bloque de 8x8 celas aproximadamente e escolla Formato - Celas - Bordos.
-
Prema a icona esquerda para limpar todas as liñas. Isto elimina todos os bordos externos e todas as liñas internas.
-
Para definir un bordo externo e eliminar todas as liñas restantes prema na segunda icona da esquerda.
-
Prema a icona situada máis á dereita para definir un bordo externo. As liñas internas non se modifican.
Agora pode continuar a ver que liñas serán definidas ou eliminadas mediante o resto das iconas.
Configuración definida polo usuario
Pode definir ou eliminar liñas individuais na área Definido polo usuario. A visualización mostra as liñas en tres estados diferentes.
Para alternar entre os tres estados prema repetidamente nun bordo ou nun canto.
Tipos de liña |
Imaxe |
Significado |
Unha liña negra |
A liña correspondente das celas seleccionadas defínea unha liña negra. Cando se escolle o estilo de 0.05 pt móstrase unha liña punteada e cando se selecciona o estilo de liña dupla móstranse liñas duplas. |
|
Unha liña gris |
Móstrase unha liña gris se non se modifica a liña correspondente das celas seleccionadas. Non será definida ou eliminada ningunha liña nesta posición. |
|
Unha liña branca |
Cando se elimina a liña correspondente das celas seleccionadas móstrase unha liña branca. |
Exemplos
-
Seleccione unha única cela nunha táboa de Writer e escolla Táboa - Propiedades - Bordos.
-
Seleccione un estilo de liña grosa.
-
Para definir un bordo inferior, prema a marge inferior varias veces ata ver a liña grosa.
Nas táboas de Writer, todas as celas teñen por defecto polo menos unha liña á esquerda e abaixo. Con todo, a maior parte das celas situadas no perímetro da táboa teñen predefinidas máis liñas.
Todas as liñas mostradas en branco na visualización serán eliminadas da cela.