Engadir excepcións á lista de corrección automática

Pode impedir que a corrección automática corrixa abreviaturas ou palabras concretas que conten con letras maiúsculas e minúsculas mesturadas.

  1. Escolla Ferramentas - Corrección automática - Opcións de corrección automática e, a continuación, prema na lapela Excepcións.

  2. Adopte un dos procedementos seguintes:

    Introduza a abreviatura seguida dun punto na caixa Abreviaturas (sen letras maiúsculas despois) e prema en Nova.

    Introduza a palabra na caixa Palabras con DÚas MAiúsculas INiciais e prema en Nova.

Icona Suxestión

Para desfacer con rapidez unha substitución da corrección automática, prema en +Z. Esta orde tamén engade a palabra ou abreviatura introducida á lista de excepcións da corrección automática.


Verificación ortográfica automática