Verificación ortográfica automática
Se o desexa, LibreOffice pode verificar a ortografía automaticamente mentres escribe, subliñando cunha liña ondulada vermella as palabras que presenten posíbeis erros ortográficos.
Para comprobar a ortografía automaticamente mentres escribe
-
Escolla Ferramentas - Corrección ortográfica automática.
-
Prema co botón dereito do rato nunha palabra subliñada cunha liña ondulada vermella e, a seguir, escolla na lista ou no submenú Corrección automática entre as palabras suxeridas como substitución.
Se escolle unha palabra do submenú
, a palabra subliñada e a súa substituta engádense automaticamente á lista de corrección automática do idioma actual. Para ver a lista de corrección automática, escolla e prema na lapela .Tamén pode engadir a palabra subliñada ao dicionario personalizado escollendo Engadir.
Para eliminar palabras do corrector ortográfico
-
Seleccione as palabras que desexe excluír.
-
Prema o control de idioma na barra de estado para abrir un menú.
-
Escolla «Ningún (Non comprobar ortografía».