Elaborar listas numeradas ou con viñetas ao teclear

LibreOffice pode aplicar automaticamente a numeración ou as viñetas mentres se teclea.

Para activar a numeración e as viñetas automáticas

  1. Escolla Ferramentas - Opcións de Corrección automática, prema na lapela Opcións e seleccione «Listas numeradas e con viñetas».

  2. Escolla Ferramentas - Corrección automática e comprobe que ten seleccionado Ao teclear.

Icona Suxestión

As opcións de numeración automática so se aplican a parágrafos formatados cos estilos "Predefinido", "Corpo do texto", ou "Sangria de corpo do texto".


Para crear listas numeradas ou con viñetas ao teclear

  1. Teclee 1., i. ou I. para iniciar unha lista numerada, e * ou - para iniciar unha con viñetas. Tamén pode teclear unha paréntese final, en vez dun punto, despois do número, por exemplo, 1) ou i).

  2. Introduza un espazo, teclee o texto e prema Intro. O novo parágrafo recibe automaticamente o seguinte número ou viñeta.

  3. Prema de novo en Intro para finalizar a lista.

Icona Nota

Pode comezar unha lista numerada con calquera número.


Numeración e estilos de numeración

Formato - Viñetas e numeración