Disposición de capítulos no Navegador

Pode mover títulos e textos subordinados cara a arriba e cara a abaixo utilizando o Navegador. Tamén pode subir ou baixar niveis de título. Para utilizar este recurso, formate os títulos cun dos estilos predefinidos de parágrafo. Para utilizar un estilo personalizado de parágrafo para un título, escolla Ferramentas - Numeración de capítulos, seleccione o estilo na caixa Estilo de parágrafo e, a seguir, prema dúas veces nun número da lista Niveis.

Icona Suxestión

Para mover con rapidez o cursor a un título, prema dúas veces sobre o título na lista do Navegador.


Para ancorar o Navegador, arrastre a barra de título para o bordo do espazo de traballo. Para desancorar o Navegador, prema dúas veces ao tempo que mantén premida a tecla .

Mover o título cara a arriba ou cara a abaixo

Icona Aviso

Asegurar que todos os niveis de título son mostradas sobre o Navegador. Por defecto, todos os niveis son mostrados. Vexa os pasos seguintes como cambiar os niveis de títulos que son mostrados.


  1. On the Standard Bar, click the Navigator icon Icon to open the Navigator.

  2. No Navegador , prema na icona Vista de contido Icona.

  3. Adopte un dos procedementos seguintes:

  1. Arrastre un título a unha nova posición na lista do Navegador.

  2. Prema nun título na lista do Navegador e a seguir prema na icona Subir un capítulo Icona ou na icona Baixar un capítulo Icona.

Icona Nota

Para mover o título sen o texto subordinado, manteña premida a tecla mentres arrastra ou preme as iconas Subir un capítulo ou Baixar un capítulo.


Para subir ou baixar o nivel do título

  1. Seleccione o título na lista Navegador .

  2. Prema a icona Subir un nivel Icona ou Baixar un nivel Icona.

Para modificar o número de niveis de títulos mostrados

Prema na icona Niveis de título mostrados Icona e seleccione un número da lista.