Activar/Desactivar cursor directo

Activa ou desactiva o cursor directo. Pódese indicar o comportamento do cursor directo escollendo - LibreOffice Writer - Recursos de formatado.

Para acceder a esta orde...

EscollaEditar - Modo de cursor directo

Na barra Ferramentas, prema en

Icona

Alternar o modo de cursor directo


O cursor directo permite premer en calquera área en branco dunha páxina para colocar texto, imaxes, táboas, marcos e outros obxectos.

O texto inserido céntrase se coloca o cursor directo nun punto próximo do centro, entre as marxes esquerda e dereita dunha páxina ou cela. Da mesma forma, o texto alíñase á dereita cando se coloca o cursor directo na marxe dereita.

Icona Aviso

A ferramenta Autocorrección elimina automaticamente parágrafos baleiros, tabulacións e espazos inseridos co cursor directo. Se quere utilizar o cursor directo, desactive esta ferramenta.


O cursor directo estabelece tabulacións para colocar o cursor. Se modifica as tabulacións máis tarde, pode alterar tamén a posición do texto na páxina.