Visualización combinada

Mostra a información sobre o documento.

Os nomes das seccións móstranse se sitúa nelas o cursor. Se sitúa o cursor nunha táboa, aparece o nome da cela. O tamaño do obxecto móstrase ao editar marcos ou obxectos de debuxo.

Se o cursor está no texto, prema dúas veces neste campo para abrir a caixa de diálogo Campos. Esta caixa de diálogo permite definir un campo para inserilo na posición actual do cursor. Se o cursor está nunha táboa, prema dúas veces neste campo para acceder á caixa de diálogo Formato de táboa. Dependendo do obxecto seleccionado, pode acceder a unha caixa de diálogo para editar unha sección, obxecto gráfico, marco flotante, obxecto OLE, numeración directa ou a posición e o tamaño dun obxecto de debuxo.