Funcións de LibreOffice Math

Esta sección contén unha visión xeral dalgúns recursos e funcións importantes ofrecidos por LibreOffice Math.

O Math de LibreOffice fornece varios operadores, funcións e asistentes de formatado que axudan a crear fórmulas. Están todos listados nunha xanela de selección, onde pode premer sobre o elemento que necesite para inserilo no seu traballo. Na Axuda pode encontrar unha lista exhaustiva de referencia e diversos exemplos.

Crear fórmulas

Como acontece coas gráficas e imaxes, as fórmulas créanse como obxectos nos documentos. Se insire unha fórmula nun documento inicíase automaticamente LibreOffice Math. Pode crear, editar e formatar a fórmula usando unha ampla selección de símbolos e funcións predefinidos.

Introducir unha fórmula directamente

Se está familiarizado coa linguaxe de LibreOffice Math, pode teclear unha fórmula directamente no documento. Por exemplo, teclee esta fórmula nun documento de texto: "a sup 2 + b sup 2 = c sup 2". Seleccióneo e escolla Inserir - Obxecto - Fórmula. O texto convertirase nunha fórmula formatada.

Icona Nota

As fórmulas non poden calcularse en LibreOffice Math, pois é un editor de fórmulas (para escribir e mostrar fórmulas) e non dun programa de cálculo. Use follas de cálculo para calcular fórmulas. Para os cálculos simples, use a función de cálculo dos documentos de texto.


Crear fórmulas na xanela de ordes

Use a xanela de ordes de LibreOffice Math para introducir e editar fórmulas. A medida que introduza as entradas irá vendo os resultados no documento. Para manter unha visión xeral durante a creación de fórmulas longas e complexas, use o cursor de fórmula da barra de ferramentas. Ao activar esta función móstrase na xanela de texto cal é a posición do cursor na xanela de ordes .

Símbolos individuais

Pode crear os seus propios símbolos e importar caracteres doutros tipos de letra, así como engadir novos símbolos ao catálogo básico de LibreOffice Math ou crear os seus propios catálogos especiais. Pode dispor de numerosos caracteres especiais.

Fórmulas en contexto

Para traballar con fórmulas máis doadamente, use os menús contextuais que poden ser invocados premendo o botón dereito do rato. Resulta especialmente práctico na xanela de ordes. Este menú contextual contén todos as ordes que se encontran na xanela de Elementos de fórmula, así como os operadores e outros, que poden ser inseridos na súa fórmula mediante un clic de rato sen ter que indicalos na xanela Ordes.