Barra de ferramentas

A barra de ferramentas contén as funcións usadas con frecuencia.

Máis zoom

Aumenta un 25% a escala de visualización de fórmula. A escala de zoom móstrase na barra de estado. Tamén pode alterar a escala no menú de contexto da barra de estado. O menú de contexto da área de traballo tamén contén opcións de zoom.

Icona

Máis zoom

Menos zoom

Diminúe un 25% a escala de visualización de fórmulas. A escala de zoom móstrase na barra de estado. Tamén pode alterar a escala no menú de contexto da barra de estado. O menú de contexto do espazo de traballo tamén ten opcións de zoom.

Icona

Menos zoom

100 %

Displays the document at its actual size.

Icona

Zoom 100%

Mostrar todo

Mostra a fórmula completa no maior tamaño posíbel para que se inclúan todos os elementos. Auméntase ou redúcese a fórmula de xeito que todos os seus elementos poidan mostrarse na área de traballo. O factor de ampliación actual móstrase na barra de estado. Pódese acceder a unha selección das opcións de ampliación dispoñíbeis no menú de contexto O menú de contexto da área de traballo tamén contén ordes de ampliación. As ordes e iconas de ampliación só están dispoñíbeis nos documentos de Math, non nos obxectos de Math incrustados.

Icona

Mostrar todo

Actualizar

Esta orde actualiza a fórmula na xanela de documento.

Os cambios efectuados na xanela Ordes actualízanse automaticamente se a opción Actualizar automaticamente visualización está activada.

Icona

Actualizar

Cursor de fórmulas

Use esta icona da barra de Ferramentas para activar ou desactivar o cursor de fórmula. A parte da fórmula na que se posiciona o cursor na xanela Comandos aparece marcada cun bordo fino cando o cursor de fórmula está activo.

Icona

Cursor de fórmulas

Símbolos

Abre a caixa de diálogo Símbolos, onde pode seleccionar un símbolo para inserilo na fórmula.

Icona

Símbolos