Introducir comentarios

Como atribuír a unha fórmula comentarios que non aparecen no documento?

Os comentarios comezan cun sinal duplo de porcentaxe %% e esténdense ata o seguinte carácter de fin de liña (tecla Intro). Todo o situado nese intervalo ignórase e non se imprime. Os sinais de porcentaxe existentes consideraranse parte do texto.

Exemplo:

a^2+b^2=c^2 %% Teorema de Pitágoras.