Espazamento

Utilice esta caixa de diálogo para determinar o espazamento entre os elementos da fórmula. O espazamento especifícase como porcentaxe en relación ao tamaño de base definido en Formato - Tamaño de tipos de letra.

Para acceder a esta orde...

Escolla Formato - Espazamento


Spacing Dialog

Use o botón Categoría para determinar o elemento da fórmula para o que desexa especificar o espazamento. A aparencia da caixa de diálogo depende da categoría que seleccione . Unha xanela de previsualización mostra o espazamento que está a ser modificado mediante as correspondentes caixas.

Categoría

Este botón permite seleccionar a categoría para a que desexa alterar o espazamento.

Espazamento

Define o espazamento entre variábeis e operadores, entre liñas, e entre sinais de raíz e radicandos.

Espazamento

Define o espazamento entre variábeis e operadores.

Espazamento entre liñas

Determina o espazamento entre liñas.

Espazamento de raíz

Determina o espazamento entre o sinal de raíz cadrada e os radicais.

Índices

Define o espazamento de superíndices e subíndices.

Superíndice

Determina o espazamento dos superíndices.

Subíndice

Determina o espazamento dos subíndices.

Fraccións

Define o espazamento entre a barra de fracción e o numerador ou denominador.

Numerador

Determina o espazamento entre a barra de fracción e o numerador.

Denominador

Determina o espazamento entre a barra de fracción e o denominador.

Barras de fracción

Define a lonxitude excedente e o grosor da liña da barra de fracción.

Lonxitude excedente

Determina o tamaño excedente da liña de fracción.

Grosor

Determina a altura da liña de fracción.

Límites

Define o espazamento entre o símbolo de suma e as condición de límite.

Límite superior

Determina o espazamento entre o símbolo de suma e o límite superior.

Límite inferior

Determina o espazamento entre o símbolo de suma e o límite inferior.

Parénteses

Define o espazamento entre as parénteses e o contido.

Tamaño excedente (esquerda/dereita)

Determina a distancia vertical entre o bordo superior do contido e a extremo superior das parénteses.

Espazamento

Determina a distancia horizontal entre o contido e o extremo superior das parénteses.

Escalar todas as parénteses

Escala todas as parénteses. Se introduce ( a over b) na xanela Ordes, as parénteses envolverán toda a altura do argumento. Normalmente este efecto obtense ao inserir left ( a over b right ).

Tamaño excedente

Axusta o tamaño da porcentaxe excedente. Ao 0%, as parénteses defínense de modo que envolvan o argumento na mesma altura. Canto maior sexa o valor inserido, maior será o intervalo vertical entre o contido das parénteses e o seu bordo exterior. O campo só pode usarse combinado coa opción Dimensionar todas as parénteses.

Matrices

Define o espazamento relativo dos elementos nunha matriz.

Espazamento entre liñas

Determina o espazamento entre os elementos da matriz nunha liña.

Espazamento entre columnas

Determina o espazamento entre os elementos da matriz nunha columna.

Símbolos

Define o espazamento dos símbolos en relación ás variábeis

Altura principal

Define a altura dos símbolos en relación á liña base.

Espazamento mínimo

Determina a distancia mínima entre un símbolo e unha variábel.

Operadores

Define o espazamento entre os operadores e as variábeis ou números.

Tamaño excedente

Determina a altura desde a variábel ata o bordo superior do operador.

Espazamento

Determina a distancia horizontal entre operadores e variábeis.

Bordos

Engade un bordo á fórmula. Esta opción é especialmente útil se desexa integrar a fórmula nun ficheiro de texto de Writer. Na configuración asegúrese de non usar 0 como tamaño, pois crea problemas de visualización do texto que envolve o punto de inserción.

Esquerda

O bordo esquerdo sitúase entre a fórmula e o fondo.

Dereita

O bordo dereito sitúase entre a fórmula e fondo.

Superior

O bordo superior sitúase entre a fórmula e o fondo.

Inferior

O bordo inferior sitúase entre a fórmula e o fondo.

Previsualizar campo

Mostra unha previsualización da selección actual.

Predefinido

Saves your changes as your default settings for all new formulas. A security response will appear before saving these changes.

Save Default Dialog