Atributos

Aquí dispón de información adicional sobre atributos de LibreOffice Math.

Os atributos acute, bar, breve, check, circle, dot, ddot, dddot, grave, hat, tilde e vec sempre teñen tamaño fixo e non se alargan (máis longos) se están situados enriba dun símbolo longo (por exemplo, dot v e dot vvvvvvv_22222 nas formas antiga e nova). Os atributos céntranse por predefinición (vgl dot v_maximumcon {dot v}_maximum)

Os únicos atributos que crecen coa lonxitude do símbolo son overline, underline e overstrike. (Alén diso, overstrike sobrepón unha liña horizontal sobre o carácter, en vez de posicionala enriba.)

Icona Suxestión

Con algunhas cadeas de caracteres, é posíbel que unha liña inserida con underline fique demasiado próxima do carácter. Neste caso, un grupo baleiro pode resolver o problema: underline Q sub {} en vez de underline Q.