Formato

You can choose among various options for formatting a LibreOffice Math formula. The format options are displayed in the lower part of the Elements pane. These options are also listed in the context menu of the Commands window.

Para acceder a esta orde...

Abra o menú de contexto na xanela Ordes - escolla Formatos

Escolla Ver - Elementos; e no panel Elementos seleccione Formatos da lista.


The following is a complete list of all available formatting options in LibreOffice Math. The icon next to the formatting option indicates that it can be accessed through the Elements pane (menu View - Elements) or through the context menu of the Commands window.

Icona Nota

A letra "a" fai referencia ao marcador de posición que se asignará ao respectivo formatado. Pode substituíla por calquera outro carácter.


Opcións de formatado

Icona

Superíndice á esquerda

Insire un superíndice á esquerda do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>lsup{<?>} na xanela Ordes.

Icona

Superíndice enriba

Insire un superíndice directamente enriba do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>csup<?> directamente na xanela Ordes.

Icona

Superíndice á dereita

Insire un superíndice á dereita do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>^{<?>} directamente na xanela Ordes ou usar rsup ou sup.

Icona

Amontoamento vertical (2 elementos)

Insire un amontoamento vertical (binomial) con dous marcadores de posición. Tamén pode teclear binom<?><?> directamente na xanela Ordes.

Icona

Nova liña

Insire unha liña nova no documento. Tamén pode teclear newline directamente na xanela Ordes.

Icona

Subíndice á esquerda

Insire un subíndice á esquerda do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>lsub{<?>} na xanela Ordes.

Icona

Subíndice embaixo

Insire un subíndice directamente embaixo do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>csub<?> directamente na xanela Ordes.

Icona

Subíndice á dereita

Insire un subíndice á dereita do marcador de posición. Tamén pode teclear <?>_{<?>} na xanela Ordes e o trazo de subíndice pode substituírse por rsub ou sub.

Icona

Amontoamento vertical (3 elementos)

Insire un amontoamento vertical con tres marcadores de posición. Tamén pode teclear stack {<?>#<?>#<?>} na xanela Ordes.

Icona

Intervalo pequeno

Insire un intervalo pequeno entre o marcador de posición e o seguinte elemento. Tamén pode teclear ` directamente na xanela Ordes. A orde debe aparecer á esquerda ou á dereita dun símbolo, variábel, número ou orde completa.

Icona

Aliñar á esquerda

Esta icona aliña "a" á esquerda e insire un marcador de posición. Pode teclear alignl<?> directamente na xanela Ordes.

Icona

Aliñar ao centro horizontal

Aliña "a" ao centro horizontal e insire un marcador de posición. Tamén pode teclear alignc<?> directamente na xanela Ordes.

Icona

Aliñar á dereita

Insire a orde para aliñar á dereita e un marcador de posición. Tamén pode teclear alignr<?> na xanela Ordes.

Icona

Amontoamento matriz

Esta icona insire unha matriz con catro marcadores de posición. Tamén pode teclear matrix{<?>#<?>##<?>#<?>#} directamente na xanela Ordes. A posición dos elementos neste diagrama indícase mediante dúas coordenadas; a primeira especifica o número de liña e a segunda o número de columna. Pode expandir a matriz en calquera dirección na xanela Ordes engadindo caracteres.

Icona

Intervalo

Esta icona insire un intervalo ou espazo entre marcadores de posición. Tamén pode teclear ~ directamente na xanela Ordes. A orde debe aparecer á esquerda ou á dereita dun símbolo, variábel, número ou orde completa.

Para aliñar, as ordes alignl, alignc e alignr resultan especialmente útiles, se está

Se usa as instrucións de aliñamento, teña en conta que

Para aliñar empregando a orde «matriz»

matrix{

alignr sin^2 x + cos^2 x#{}={}#alignl 1 ##

alignr cos^2 x #{}={} #alignl 1 - sin^2 x

}

Aliñar á esquerda

Se unha liña ou expresión comeza con text, a opción predefinida é aliñala á esquerda. Pode evitar isto, use calquera das ordes align. Por exemplo, stack{a+b-c*d#alignr "text"}, onde "text" aparece aliñado á dereita. Lembre que text debe situarse sempre entre comiñas.

As fórmulas centradas estándar poden aliñarse á esquerda sen usar o menú Formato - Aliñamento. Para facelo, coloque unha cadea de caracteres baleira, é dicir, as comiñas que abren e pechan calquera texto "", antes da sección de fórmula que desexa aliñar. Por exemplo, ao teclear "" a+b newline "" c+d as dúas ecuacións alíñanse á esquerda, en vez de aparecer centradas.

Icona Aviso

Se teclea información na xanela Ordes, teña en conta que nalgúns formatos é necesario incluír espazos para xerar a estrutura correcta. Isto sucede, sobre todo, ao inserir valores (por exemplo, a lsup{3}) en vez de marcadores de posición.


Para obter máis información sobre formatado en LibreOffice Math, prema en Parénteses e agrupamento.

A información sobre Índices e expoñentes e Escala axuda a organizar o documento da mellor maneira posíbel.