Mostrar todo

Mostra a fórmula completa no maior tamaño posíbel para que se inclúan todos os elementos. Auméntase ou redúcese a fórmula de xeito que todos os seus elementos poidan mostrarse na área de traballo. O factor de ampliación actual móstrase na barra de estado. Pódese acceder a unha selección das opcións de ampliación dispoñíbeis no menú de contexto O menú de contexto da área de traballo tamén contén ordes de ampliación. As ordes e iconas de ampliación só están dispoñíbeis nos documentos de Math, non nos obxectos de Math incrustados.

Para acceder a esta orde...

Escolla Ver - Mostrar todo.

Na barra de ferramentas, prema en

Icona

Mostrar todo