Barra de estado

A barra de estado mostra información sobre o documento, incluído o obxecto seleccionado no momento en que se abre. Premendo dúas veces nalgúns dos elementos da barra de estado, ábrese unha caixa de diálogo relacionada.

Tamaño actual

Mostra a posición X e Y do cursor e o tamaño do obxecto seleccionado.

Zoom

Especifica o factor de zoom da visualización da páxina.

Modificación de documento

Se aínda non se gardaron algúns cambios do documento, móstrase un «*» neste campo da barra de estado. Isto tamén se aplica a documentos novos aínda sen gardar.

Diapositiva/Nivel actual

Mostra o número da diapositiva actual seguido do número total de diapositivas.

Estilo de páxina

Mostra o estilo de páxina actual. Prema dúas veces para editar o estilo ou prema co botón dereito do rato para seleccionar un estilo diferente.