Menús

A seguinte sección lista os temas de axuda dispoñíbeis en menús e caixas de diálogo.

Icona Nota

A xanela do documento en que desexa traballar debe estar seleccionada para poder usar as ordes de menú. Da mesma forma, é necesario seleccionar un obxecto do documento para poder usar as ordes de menú asociados a ese obxecto.


Icona Aviso

Os menús son sensíbeis ao contexto, o que significa que é posíbel acceder aos elementos de ditos menús que teñen relevancia para a tarefa desenvolvida. Se o cursor está situado nun texto, estarán dispoñíbeis todos os elementos necesarios para a edición do texto. Se se seleccionan imaxes, veranse todos os elementos do menú que poden ser usados para a edición de imaxes.


Ficheiro

Estas ordes aplícanselle ao documento actual, abra un documento novo ou peche o aplicativo.

Editar

Este menú contén ordes para editar os contidos do documento actual.

Ver

Este menú contén ordes para controlar a presentación en pantalla do documento.

Inserir

Este menú contén as ordes que se usan para inserir elementos novos no documento, por exemplo gráficos, obxectos, caracteres especiais e outros ficheiros.

Formato

Contén ordes para formatar o deseño e o contido do documento.

Diapositiva

Este menú contén ordes para xestionar e navegar polas diapositivas.

Presentación de diapositivas

Contén ordes e opcións para reproducir unha presentación.

Ferramentas

Contén ferramentas de corrección, unha galería de obxectos de arte que pode engadir ao seu documento, así como ferramentas para configuración de menús e configuración de preferencias do programa.

Xanela

Conten ordes para manexar e mostrar xanelas de documento.

Axuda

O menú da Axuda permite iniciar e controlar o sistema da Axuda de LibreOffice.