Incluír follas de cálculo en diapositivas

Pódense aplicar varios métodos para inserir celas de folla de cálculo nas diapositivas de Impress e nas páxinas de Draw:

  1. Insert a native table - you enter the data into the cells and apply fancy formatting using the Table Design section on the Tasks pane.

  2. Insert a new table as an OLE object or insert an existing file as an OLE object - you can specify the link to a file to be a live link to the latest data saved in a spreadsheet file.

inserir unha táboa nativa

  1. Ir á diapositiva de Impress ou á páxina de Draw onde quere inserir a táboa.

  2. Escolla Inserir - Táboa ou empregue a icona Táboa da barra de ferramentas normal para inserir unha táboa.

  3. Prema dúas veces na táboa e introduza ou pegue os datos nas celas.

  4. Seleccione parte do contido da cela e prema co botón dereito para abrir o menú de contexto. Escolla ordes para cambiar o contido da cela, como o tamaño do tipo de letra e o espazamento entre as liñas.

  5. Prema o bordo da táboa co botón dereito do rato para abrir o menú de contexto da táboa. Empregue o menú de contexto da táboa para introducir un nome e unha descrición da táboa ou para distribuír as filas e columnas uniformemente, entre outras ordes.

  6. Seleccione algunhas celas e prema co botón dereito do rato para abrir un menú de contexto co que pode inserir ou eliminar filas e columnas, entre outras ordes.

    To select a rectangular area of cells, point to a cell in one corner of the rectangle, hold down the mouse button, and drag the mouse to the opposite corner of the rectangle, then release the mouse button.

    Para seleccionar unha cela, poña o punteiro nesa cela, manteña premido o botón do rato, arrastre o punteiro até á seguinte cela e de volta para atrás e finalmente solte o botón do rato.

Inserir unha nova folla de cálculo como un obxecto OLE

Pode engadir follas de cálculo en branco de LibreOffice Calc ás diapositivas como obxecto OLE.

  1. Vaia á diapositiva en que quere inserir a folla de cálculo.

  2. Escolla Inserir - OLE - Obxecto. Prema en Crear novo e escolla a Folla de cálculo de LibreOffice. Prema en Aceptar. Prema na folla de cálculo para introducir os datos.

  3. Prema fóra da folla de cálculo para ver a diapositiva.

Para redimensionar a folla de cálculo, sen redimensionar as celas, prema dúas veces na folla de cálculo e arrastre despois unha agarradoira. Para redimensionar as celas da folla de cálculo, prema na folla de cálculo e arrastre unha agarradoira do canto.

Inserir unha folla de cálculo desde un ficheiro

Ao inserir unha folla de cálculo xa existente na súa diapositiva, as modificacións que realizadas no ficheiro orixinal non se actualizan na diapositiva. No entanto, pode facer alteracións da folla de cálculo na propia diapositiva.

  1. Vaia á diapositiva en que quere inserir a folla de cálculo.

  2. Escolla Inserir - Obxecto - Obxecto OLE.

  3. Seleccione Crear desde o ficheiro e prema en Buscar.

  4. Localice o ficheiro que quere inserir e prema en Aceptar.

    Enable the Link to file checkbox to insert the file as a live link.

Icona Nota

Insírese a folla de cálculo completa na diapositiva. Para modificar a folla mostrada, prema dúas veces nela e seleccione outra.


Formato - Deseño de diapositiva

Inserir - Obxecto - Obxecto OLE