Copiar diapositivas doutras presentacións

Pode inserir diapositivas doutras presentacións. Tamén é posíbel copiar e pegar diapositivas entre presentacións.

Para inserir unha diapositiva doutra presentación:

  1. Abra unha presentación e escolla Ver - Normal.

  2. Escolla Inserir - Ficheiro.

  3. Localice o ficheiro de presentación que contén a diapositiva desexada e prema en Inserir.

  4. Prema no signo máis ao lado da icona do ficheiro e seleccione a(s) diapositiva(s) que quere inserir.

  5. Prema en Aceptar.

Para copiar e pegar diapositivas entre presentacións:

  1. Abra as presentacións que vai utilizar para copiar e pegar.

  2. Na presentación que contén a(s) diapositiva(s) desexadas, escolla Ver - Clasificador de diapositivas.

  3. Seleccione a(s) diapositiva(s) e escolla Editar - Copiar.

  4. Vaia á presentación en que desexa pegar a(s) diapositiva(s) e escolla Ver - Normal.

  5. Seleccione a diapositiva que vai preceder a que se vai copiar e, a seguir, escolla Editar - Pegar.

Inserir - Ficheiro