Editar curvas
Os segmentos de liña curva conteñen dous puntos de datos (puntos finais) e dous puntos de control (agarradoiras). As liñas de control conectan os puntos de control aos puntos de datos. É posíbel modificar a forma dunha curva convertendo os puntos de control nun tipo diferente ou arrastrando os puntos de control a unha localización diferente.
Tamén pode modificar as propiedades da liña seleccionándoa e escollendo Formato - Liña.
Para ver os puntos de datos e controlar os puntos dunha liña curva, seleccione a liña e prema na icona Puntos da barra Debuxo. Os puntos de datos están representados por cadrados e os de control por círculos. É posíbel que un punto de control se sobrepoña a un punto de datos.
Para axustar segmentos de liña curva:
-
Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.
-
Adopte un dos procedementos seguintes:
-
Arrastre un punto de datos para redimensionar a liña. Se un punto de control está sobreposto a un punto de datos, arrastre o punto de control ata que o punto de datos se vexa, e arrastre despois o puntos de datos.
-
Arrastre un punto de control. A curva segue unha traxectoria igual á utilizada para arrastrar o punto de control.
Para dividir as liñas curvas:
Só é posíbel dividir liñas curvas de tres ou máis puntos de datos.
-
Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.
-
Seleccione un punto de datos e prema na icona Dividir curva da barra Editar puntos.
Para crear unha forma pechada:
-
Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.
-
Na barra Editar puntos, prema na icona Pechar Bézier.
Para converter os puntos de datos en liñas curvas:
-
Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.
-
Prema no punto de datos que quere converter e realice un dos seguintes procedementos:
-
Para converter os puntos de datos en puntos suaves, prema na icona Transición suave na barra Editar puntos.
-
Para converter os puntos de datos en puntos simétricos, prema na icona Transición simétrica da barra Editar puntos.
-
Para converter os puntos de datos en puntos de canto, prema na icona Punto de canto da barra Editar puntos.
Para engadir un punto de datos:
-
Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.
-
Na barra Editar puntos, prema na icona Inserir puntos.
-
Prema na liña en que quere engadir o punto, e arrastre unha distancia curta.
Se un punto de datos non ten punto de control, seleccióneo e prema na icona Converter en curva na barra Editar puntos.
Para eliminar un punto de datos:
-
Seleccione unha liña curva e prema na icona Puntos, na barra Debuxo.
-
Prema no punto que desexa eliminar.
-
Na barra Editar puntos, prema na icona Eliminar puntos.