Sobre capas

As capas están dispoñíbeis en LibreOffice Draw, non en LibreOffice Impress. As capas permiten reunir elementos relacionados nunha páxina. Pense nas capas como espazos de traballo individuais que poden ocultarse na vista, na impresión, ou bloquearse.

As capas non determinan a orde de amontoamento dos obxectos na páxina, excepto no caso da capa Controis, que sempre está diante doutras capas.

A orde de amontoamento dos obxectos da páxina está determinada pola secuencia en que se engaden os obxectos. Pode reordenar a orde de amontoamento en Modificar - Dispor.

As áreas das capas que non conteñen obxectos son transparentes.

LibreOffice Draw proporciona tres capas predefinidas:

Non é posíbel eliminar ou renomear as capas predefinidas. Pode engadir as súas propias capas en Inserir - Capa.

A capa Deseño é a área de traballo predefinida. A capa Deseño determina a localización do título, do texto, e os marcadores de posición da páxina.

A capa Controis pode usarse para botóns que teñen unha acción atribuída, mais que non deben imprimirse. Defina as propiedades da capa como non imprimibles. Os obxectos da capa Controis sempre están por diante dos obxectos doutras capas.

A capa Liñas de dimensión pode usarse para debuxar, por exemplo, as liñas de dimensión. Ao configurar a capa para que se mostre ou oculte, pode facilmente activar e desactivar estas liñas.

Icona Suxestión

You can lock a layer to protect its contents, or hide a layer and its contents from view or from printing. When you add a new layer to a page, the layer is added to all of the pages in your document. However, when you add an object to a layer, it is only added to the current page. If you want the object to appear on all of the pages, add the object to the master slide (View - Master Slide).