Crear presentacións personalizadas de diapositivas

Pode crear presentacións personalizadas de diapositivas para satisfacer as necesidades da súa audiencia, usando diapositivas na presentación actual.

Para crear presentacións personalizadas de diapositivas:

  1. Escolla Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.

  2. Prema en Nova e introduza un nome para a presentación de diapositivas na caixa Nome.

  3. En Diapositivas existentes, seleccione as diapositivas que quere engadir á presentación de diapositivas, e prema no botón >>. Manteña premida a tecla Maiús para seleccionar un intervalo de diapositivas, ou Ctrl para seleccionar diapositivas múltiplas.

Pode modificar a orde das diapositivas na presentación personalizada, arrastrando e soltando as diapositivas que hai en Diapositivas seleccionadas.

Para iniciar unha presentación personalizada de diapositivas:

  1. Escolla Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.

  2. Na lista, seleccione a presentación desexada.

  3. Prema en Iniciar.

Icona Suxestión

Se quere que a presentación personalizada se inicie despois de premer na icona Presentación de diapositivas da barra de ferramentas Presentación, ou ao premer en F5, seleccione Utilizar presentación personalizada de diapositivas.


Opcións para executar presentacións de diapositivas

Para iniciar sempre as presentacións de diapositivas a partir da diapositiva actual:

  1. Escolla - LibreOffice Impress - Xeral.

  2. Na área Iniciar presentación, marque a caixa de verificación Sempre coa páxina actual.

Icona Aviso

Non seleccione esta opción se quere activar unha presentación personalizada de diapositivas.


Para ocultar unha diapositiva:

Para agochar a diapositiva actual prema no botón de acción Agochar diapositiva.

  1. Escolla Ver - Clasificador de diapositivas e seleccione a(s) diapositiva(s) que quere ocultar.

  2. Escolla Presentación de diapositivas - Mostrar/Ocultar diapositivas.

    A diapositiva non se elimina no seu documento.

Para mostrar unha diapositiva oculta:

  1. Escolla Ver - Clasificador de diapositivas e seleccione a(s) diapositiva(s) oculta(s) que quere mostrar.

  2. Escolla Presentación de diapositivas - Mostrar/Ocultar diapositivas.