Importar páxinas HTML para presentacións

Pode importar calquera ficheiro de texto, incluído o texto de documentos HTML, nunha diapositiva.

Para inserir texto dun ficheiro nunha diapositiva:

  1. Escolla na diapositiva en que quere inserir o texto Inserir - Ficheiro.

  2. Seleccione "Texto" ou "Documento HTML" como Tipo de ficheiro.

  3. Localice o ficheiro que contén o texto que quere inserir e, a seguir, prema en Inserir.

Se o ficheiro de texto ten máis texto do que pode inserirse nunha única diapositiva, pode dividir o texto en varias diapositivas.

  1. Prema dúas veces no texto inserido para entrar no modo editar.

  2. Select all of the text that lies below the visible slide area and press +X.

  3. Escolla Inserir - Diapositiva e a seguir prema +V.

  4. Repita os pasos 1 a 3 ata que todo o texto se encontre nas diapositivas.

Gardar presentación en formato HTML