Crear imaxes GIF animadas

Ten a posibilidade de animar obxectos de debuxo, de texto e imaxes na diapositiva, para tornar a presentación máis interesante. LibreOffice Impress ofrece un editor de animación de funcionamento sinxelo que permite crear imaxes animadas (marcos) reunindo imaxes da diapositiva. O efecto de animación conséguese rodando a través de marcos estáticos anteriormente creados.

Icona Suxestión

Se crea unha animación de mapa de bits (GIF animado), pode atribuír un tempo de atraso a cada un dos marcos e especificar o número de veces que se reproduce a animación.


Para crear un GIF animado:

  1. Seleccione un obxecto ou grupo de obxectos que desexe incluír na animación e escolla Inserir - Imaxe animada.

  2. Adopte un dos procedementos seguintes:

  1. Na área Grupo de animación, seleccione Obxecto de mapa de bits.

    Utilice a liña de tempo da animación para especificar o tempo que durará a visualización dun marco e o número de veces que se presentará unha secuencia de animación (Lazo)

  2. Introduza un número de marco na caixa de diálogo Número de imaxe (caixa esquerda).

  3. Na caixa Duración (caixa do medio), introduza o número de segundos que quere que apareza o marco.

  4. Repita os últimos dous pasos de cada un dos marcos da súa animación.

    Icona Suxestión

    Pode previsualizar a animación usando os controis que hai á esquerda do Número de imaxe.


  5. Na caixa (caixa de dereita) Conta de lazos, seleccione o número de veces que ten que repetirse a secuencia de animación.

  6. Seleccione unha opción de aliñamento para os obxectos da caixa de diálogo Aliñamento.

  7. Prema en Crear.