Texto
The Text toolbar contains some icons to enter different types of text boxes.
Texto
Ábrese unha caixa de texto. Pode premer nela ou arrastrar no documento. Prema en calquera lugar do documento e, a seguir, introduza ou pegue o texto.
Texto
Axustar texto ao marco
Ábrese unha caixa de texto. Pode premer nela ou arrastrar no documento. O texto introducido axústase automaticamente ás dimensións da caixa de texto. Prema en calquera lugar do documento, e a seguir, introduza ou pegue o texto.
Axustar texto ao marco
Textos explicativos
Traza unha liña que acaba nun texto explicativo rectangular, desde o lugar do que se arrastra no documento. A dirección do texto é horizontal. Arrastre unha agarradoira do texto explicativo para redimensionalo. Para converter un texto explicativo de rectangular a arredondado, arrastre a agarradoira polo canto de maior tamaño cando o apuntador se convirta nunha man. Para engadir o texto, prema no canto do texto explicativo e a seguir introduza ou pegue o seu texto.
Textos explicativos
Axustar texto vertical ao marco
Debuxa un marco para texto orientado na vertical ao premer ou arrastrar no documento actual. O texto introducido é automaticamente redimensionado para encaixar nas dimensións do marco. (Active o soporte para textos asiáticos para activar esta icona). Prema nalgures no documento e teclee ou pegue o texto. Tamén pode mover o cursor ata onde desexa engadir o texto, arrastrar o marco e despois teclealo ou pegalo.
Axustar texto vertical ao marco