Configuración da presentación de diapositivas

Define a configuración para a presentación de diapositivas, incluído a diapositiva inicial, a maneira de avanzar das diapositivas, e as opcións do apuntador.

Para acceder a esta orde...

Escolla Presentación de diapositivas - Configuración da presentación de diapositivas


Intervalo

Especifica que diapositivas se incluirán na presentación.

Todas as diapositivas

Inclúe todas as diapositivas da presentación.

Desde:

Introduza o número da diapositiva inicial.

Presentación personalizada de diapositivas

Executa unha presentación de diapositivas na orde definida en Presentación de diapositivas - Presentación personalizada de diapositivas.

Presentation Mode

Seleccione o tipo de presentación de diapositivas.

Full screen

Aparece unha diapositiva que ocupa a pantalla completa.

In a window

A presentación de diapositivas execútase na xanela do programa LibreOffice.

Loop and repeat after

Reinicia a presentación de diapositivas despois do intervalo de pausa especificado. Móstrase unha diapositiva de pausa entre a diapositiva final e a inicial. Prema na tecla Esc para deter a presentación.

Duración de pausa

Introduza a duración da pausa antes de repetir a presentación de diapositivas. Se introduce cero, a presentación reiníciase inmediatamente sen mostrar ningunha diapositiva de pausa.

Mostrar logotipo

Mostra o logotipo de LibreOffice na diapositiva de pausa. O logotipo non pode cambiarse.

Opcións

Cambiar as diapositivas manualmente

Ao seleccionar esta caixa, as diapositivas nunca cambian automaticamente.

Apuntador de rato visíbel

Mostra o apuntador do rato durante a presentación de diapositivas.

Apuntador de rato como lapis

Transforma o apuntador do rato nun lapis que pode usarse para debuxar nas diapositivas durante a presentación.

Icona Nota

Anything you write with the pen will appear in your slides after exiting the slideshow. The properties of the pen can be changed by choosing the Pen Width or Change pen Color command in the context menu of the running slide show.


Animacións permitidas

Mostra todos os marcos dos ficheiros GIF animados durante a presentación. Se esta opción non está seleccionada, só se mostra o primeiro marco.

Cambiar as diapositivas premendo no fondo

Avanza á seguinte diapositiva ao premer no fondo dunha delas.

Presentación sempre no primeiro plano

A xanela LibreOffice mantense na parte superior durante a presentación. É a única xanela que se mostra diante da presentación.

Multiple Displays

By default the primary display is used for slide show mode. If the current desktop is displayed on more than one display, you can select which display to use for full screen slide show mode. If the current desktop spans only one display, or if the multi display feature is not supported on the current system, you cannot select another display.

Presentation display

Select a display to use for full screen slide show mode.

If the system allows the user to span a window over all available displays, you can also select "All displays". In this case the presentation is spanned over all available displays.

Icona Nota

Este parámetro gárdase na configuración do usuario e non dentro do documento.