Conexións

Define como se agrupan as conexións coas fontes de datos.

A orde Conexións permítelle estipular que non se eliminen inmediatamente as conexións que xa non se necesitan, senón que se manteñan libres un determinado período de tempo, durante o cal poden reutilizarse no caso de ser necesaria unha nova conexión coa fonte de datos.

Para acceder a esta orde...

Choose - LibreOffice Base - Connections.


Conxunto de conexións

Conxunto de conexións activado

Especifica se deben agruparse as conexións escollidas.

Controladores coñecidos en LibreOffice

Mostra unha lista dos controladores e datos de conexión definidos.

Controlador actual

O controlador seleccionado móstrase debaixo da lista.

Activar agrupamento para este controlador

Seleccione un controlador da lista e marque a caixa de verificación Activar agrupamento para este controlador para agrupar a súa conexión.

Tempo de espera (segundos)

Define o tempo en segundos que se debe esperar ata que se libera unha conexión. O tempo pode variar entre 30 e 600 segundos.