Tipos de letra

Substitúe un tipo de letra por un tipo de letra que se escolla. A substitución substitúe un tipo de letra só cando este se mostra na pantalla ou na pantalla ao imprimir. A substitución non cambia a configuración do tipo de letra que se grava no documento.

Se o desexa pode anular o tipo de letra que o sistema operativo usa de forma predefinida cando non dispón do tipo de letra presente nun documento.

Para acceder a esta orde...

Choose - LibreOffice - Fonts.


Icona Nota

A substitución do tipo de letra afecta á visualización dos tipos de letra na interface do usuario de LibreOffice.


Icona Aviso

Some options cannot be reset once edited. Either edit back the changes manually or click Cancel and reopen the Options dialog.


Aplicar táboa de substitución

Activa a configuración de substitución de tipo de letra definida.

Táboa de substitución

Lista o tipo de letra orixinal e o tipo de letra que o substitúe. Escolla Sempre para substituír o tipo de letra, mesmo se o tipo orixinal estiver instalado no sistema. Escolla Só na pantalla para substituír só o tipo de letra da pantalla e non substituír nunca o tipo de letra ao imprimir.

Opción Sempre

Opción Só na pantalla

Acción de substitución

verificada

en branco

Substitución de tipo de letra na pantalla e ao imprimir, estea o tipo de letra instalado ou non.

verificada

verificada

Substitución de tipo de letra só na pantalla, estea o tipo de letra instalado ou non.

en branco

verificada

Substitución de tipo de letra só na pantalla, mais só se o tipo de letra estiver dispoñíbel.

en branco

en branco

Substitución de tipo de letra na pantalla e ao escribir, mais só se o tipo de letra estiver dispoñíbel.


Tipo de letra

Teclee ou seleccione o nome do tipo de letra que desexa substituír.

Substituír por

Insira ou seleccione o nome do tipo de letra que desexa utilizar.

Aplicar

Aplica a substitución de tipo de letra.

Icona

Aplicar

Eliminar

Elimina a substitución de tipo de letra.

Icona

Eliminar

Configuración de tipo de letra para fontes HTML e Basic

Seleccione o tipo de letra e o seu tamaño para a visualización do códigos fonte HTML e Basic.

Tipos de letra

Seleccione o tipo de letra para a visualización dos código fonte HTML e Basic. Seleccione Automático para encontrar automaticamente un tipo adecuado.

Só tipos de letra non proporcionais

Comprobe que na lista de caixa Tipos de letra só se visualizan tipos de letra non proporcionais.

Tamaño

Seleccione un tamaño de tipo de letra para a visualización dos códigos fonte HTML e Basic.