Camiños
Esta sección contén as rutas por omisión a algúns cartafoles importantes do LibreOffice. Estas rutas poden ser editadas polo usuario.
Camiños usados por LibreOffice
Para modificar unha entrada desta lista, prémaa e a seguir prema Editar. Tamén pode facer duplo clic na entrada.
Predefinido
O botón Predefinido restabelece os camiños predefinidos de todas as entradas seleccionadas.
Editar
Prema para acceder á caixa de diálogo Seleccionar camiño ou Editar camiños.
Pode cambiar a orde das entradas se preme na barra da columna Tipo. A largura da columna pode alterarse movendo co rato a liña situada entre as columnas.
Na lista de rutas seguinte non se mostran as rutas aos cartafoles compartidos do directorio no que está instalado LibreOffice. Os datos do usuario de cada usuario almacénanse no directorio {usuario}, situado no directorio homeDocuments and Settings do usuario.
Tipo |
Camiño |
Descrición |
Os meus documentos |
Cartafol predefinido de documentos do sistema |
Poderá ver este cartafol cando acceda por primeira vez ás caixas de diálogo Abrir ou Gardar. |
Autocorrección |
{usuasio}/user/autocorr{usuario}\user\autocorr |
Este cartafol almacena os seus textos con corrección automática. |
Texto automático |
{usuario}/user/autotext{usuario}\user\autotext |
Este cartafol almacena os seus textos automáticos. |
Galería |
{usuario}/user/gallery{usuario}\user\gallery |
Neste cartafol almacénanse os novos temas da Galería. |
Imaxes |
{usuario}/user/gallery{usuario}\user\gallery |
Este cartafol móstrase cando accede por primeira vez á caixa de diálogo para abrir ou gardar obxetos gráficos. |
Copias de seguranza |
{usuario}/user/backup{usuario}\user\backup |
As copias de seguranza creadas automaticamente almacénanse aquí. |
Modelos |
{usuario}/user/template{usuario}\user\template |
Neste cartafol pode almacenar os seus modelos. |
Ficheiros temporais |
{usuario}/user/temp{usuario}\user\temp |
Aquí garda LibreOffice os seus ficheiros temporais. |
Classification |
{install}/share/classification/example.xml{install}\share\classification\example.xml |
LibreOffice reads the TSCP BAF policy from this file. |