Barra Deseño de consulta

Ao crear ou editar consultas SQL, utilice as iconas da barra Deseño de consulta para controlar a visualización dos datos.

Dependendo de se creou a consulta ou visualización no separador Deseño ou en SQL, móstranse as seguintes iconas:

Executar consulta

Executa a consulta SQL e mostra o resultado. A función Executar consulta non garda a consulta.

Icona

Executar consulta

Eliminar consulta

Limpa a consulta e retira todas as táboas da xanela de deseño.

Icona

Eliminar consulta

Activar / Desactivar visualización de deseño

Mostra a visualización de deseño da consultaMostra a visualización de deseño ou a visualización SQL da consulta.

Icona

Activar / Desactivar visualización de deseño

Engadir táboas

Especifica as táboas que se deben engadir na xanela de deseño. Seleccione en Engadir táboas as táboas que desexa usar na súa tarefa actual.

Icona

Inserir táboas

Funcións

Mostra a fila "Función" na parte inferior da visualización de deseño da xanela Deseño de consulta.

Icona

Funcións

Nome da táboa

Mostra a fila "Táboa" na parte inferior da xanela Deseño de consulta.

Icona

Nome da táboa

Alcumes

Mostra a fila "Alcume" na parte inferior da xanela Deseño de consulta.

Icona

Alcume

Valores unívocos

Expande, por medio do parámetro DISTINCT, a instrución Select da consulta SQL na columna actual. Desta forma os valores idénticos que se repiten só se listan unha vez.

Icona

Valores unívocos

A seguinte icona está no separador SQL:

Executar orde SQL directamente

En modo SQL nativo é posíbel introducir ordes SQL que LibreOffice non interpreta e que van directamente á fonte de datos. Se non mostra eses cambios na visualización de deseño, non poderá volver a ela.

Icona

Executar orde SQL directamente