Crear filtros XML
Crear filtros XML para LibreOffice
Ao crear un filtro XML para LibreOffice debe deseñar unha folla de estilo XSLT capaz de converter en e desde formato de ficheiro XML de OpenDocument.
Pode obter máis información sobre o formato XML de OpenDocument en http://xml.openoffice.org/.
Se o desexa pode incluír un modelo co filtro para aplicar estilos de LibreOffice a documentos XML importados.
To Create an XML Filter
-
Cree unha folla de estilo de transformación XSLT que mapee os elementos do formato XML externo aos elementos do formato de ficheiro XML de OpenDocument e viceversa.
-
Cree un modelo que atribúa estilos de LibreOffice a elementos en formato XML externo ao importar a LibreOffice ficheiros neste formato.
-
En LibreOffice Writer, cree un documento de texto e escolla
. -
Prema Novo.
-
Prema na lapela Xeral do cadro de diálogo Filtro XML e defina as propiedades do filtro.
-
Introduza un nome para o filtro XML na caixa Nome do filtro.
Este nome mostrarase na caixa de diálogo Configuración de filtros XML.
-
Seleccione na caixa Aplicativo o aplicativo de LibreOffice en que se vai usar o filtro.
-
Introduza na caixa Nome do tipo de ficheiro o tipo do ficheiro en que se vai usar o filtro.
Este nome mostrarase na lista de tipos de ficheiro das caixas de diálogo Abrir, Exportar e Gardar como.
-
Introduza na caixa Extensión do ficheiro a extensión do ficheiro exportado.
Para diferenciar o ficheiro dos demais, utilice unha extensión diferente de *.xml.
-
Defina no separador Transformación as propiedades de transformación do filtro.
-
(Opcional) Introduza na caixa DocType o identificador de tipo de documento para o formato de ficheiro externo.
Este identificador úsase para detectar o tipo de ficheiro ao importar.
-
Introduza na caixa XSLT para exportar o camiño e nome de ficheiro da folla de estilo XSLT que define a transformación do formato OpenDocument ao formato externo.
-
Introduza na caixa XSLT para importar o camiño e nome de ficheiro da folla de estilo XSLT que define a transformación do formato externo ao formato de OpenDocument.
-
(Opcional) Introduza na caixa Modelo para importar o camiño e nome do modelo que define os estilos de LibreOffice usados no ficheiro importado.
Os ficheiros especificados no separador Transformación cópianse no cartafol local de usuarios de LibreOffice.
-
Prema en Aceptar.
To Test an XML Filter
En LibreOffice pode realizar probas básicas en filtros XML personalizados.
Estas probas non modifican o documento.
-
Cree ou abra un documento de texto.
-
Escolla
. -
In the list of filters, select the filter that you want to test, and click Test XSLTs.
-
Para probar filtros de exportación, siga un dos seguintes procedementos na área Exportar da caixa de diálogo:
-
Prema Explorar, seleccione o documento de LibreOffice que desexa probar e prema Abrir.
-
Para probar o documento actual, prema Documento actual.
-
Para probar un filtro de importación, prema Explorar na área Importar da caixa de diálogo, seleccione un documento e prema Abrir.