Sobre os filtros XML

LibreOffice almacena os documentos en formato XML. Pode crear filtros personalizados que convertan a outro formato o formato de ficheiro XML nativo de OpenDocument usado por LibreOffice. Estes filtros poden integrarse facilmente en LibreOffice para que poda gardalos ou cargalos de modo transparente.

Icona Nota

Para crear filtros XML necesita coñecer moi ben conceptos XML e XSLT, que están fóra do ámbito desta axuda.


Os ficheiros XML conteñen follas de estilo creadas en linguaxe XSLT. Estas follas definen a transformación do formato de ficheiro de OpenDocument a outro formato XML a través de filtros de exportación e importación. Existen tres tipos de filtros XML: