Desfacer o formato directo dun documento
Nuns poucos pasos pode desfacer o formato non realizado mediante os estilos.
Eliminar o formato directo en documentos de LibreOffice Writer
-
Prema en Ctrl+A para seleccionar todo o texto.
-
Escolla Formato - Formatado predefinido.
Eliminar o formato directo en follas de cálculo de LibreOffice Calc
-
Para seleccionar todas as follas manteña premida a tecla Maiús mentres preme na primeira folla e despois na última.
-
Prema en Ctrl+A para seleccionar todo o texto.
-
Escolla Formato - Formatado predefinido.
Eliminar o formato directo en presentacións de LibreOffice
-
Prema no separador Esquema para abrir a visualización de esquema.
-
Prema en Ctrl+A para seleccionar todo o texto.
-
Escolla Formato - Formatado predefinido.