Imprimir máis rápido con datos reducidos

Pode optar por reducir os datos necesarios para imprimir o documento. Pode definirse unha configuración diferente para a impresión en impresora e para a impresión en ficheiro.

  1. Escolla - LibreOffice - Imprimir.

  2. Prema unha das seguintes opcións de configuración:

    Impresora - Para definir as opcións de redución de datos ao imprimir directamente en impresora

    Imprimir nun ficheiro - Para definir as opcións para a redución de datos ao imprimir nun ficheiro

  3. Seleccione calquera combinación das catro opcións e prema Aceptar.

    A partir de agora todos os documentos usarán as opcións modificadas.

  4. Imprima o documento.

Pode reducir os datos de transparencia, gradacións ou mapas de bits. En moitas impresoras esta redución non afecta á calidade, mais o tempo da impresión acúrtase sensibelmente e, ao imprimir en ficheiro, o seu tamaño é moito menor.