Utilización de Microsoft Office e de LibreOffice
LibreOffice pode abrir e gardar documentos nos formatos de ficheiro do Office da Microsoft, incluídos os formatos Open XML do Office da Microsoft.
Abrir ficheiros de Microsoft Office
-
Escolla Ficheiro - Abrir e seleccione un ficheiro de Microsoft Office na caixa de diálogo de abertura de ficheiros de LibreOffice.
O ficheiro de MS Office... |
...abrirase no módulo LibreOffice |
Microsoft Word, *.doc, *.docx |
LibreOffice Writer |
Microsoft Excel, *.xls, *.xlsx |
LibreOffice Calc |
Microsoft PowerPoint, *.ppt, *.pps, *.pptx |
LibreOffice Impress |
Gardar como ficheiro de Microsoft Office
-
Escolla Ficheiro - Gardar como.
-
Seleccione un formato de ficheiro de Microsoft Office na caixa Tipo de ficheiro.
Gardar documentos en formatos de Microsoft Office por defecto
-
Choose LibreOffice - PreferencesTools - Options - Load/Save - General.
-
In the Default file format and ODF settings area, first select a document type, then select the file type for saving.
A partir de agora, cando garde un documento, o Tipo de ficheiro definirase segundo as súas preferencias. Se o desexa pode seleccionar outro tipo de ficheiro na caixa de diálogo de gravación de ficheiros.
Abrir ficheiros de Microsoft Office por defecto
Converter moitos ficheiros de Microsoft Office a formato OpenDocument
O asistente de conversión de documentos copiará e converterá todos os ficheiros de Microsoft Office situados nun cartafol en documentos de LibreOffice con formato de ficheiro de OpenDocument. Pode especificar en que cartafol ler e en cal gardar os ficheiros convertidos.
-
Escolla Ficheiro - Asistentes - Conversor de documentos para iniciar o asistente.
Macros en Microsoft Office e LibreOffice
Cunhas poucas excepcións, o Office da Microsoft e o LibreOffice non poden executar o mesmo código de macros. O Office da Microsoft emprega código VBA (Visual Basic para aplicativos) e o LibreOffice emprega código Basic baseado na API do entorno LibreOffice. Aínda que a linguaxe de programación sexa a mesma, os obxectos e os métodos son diferentes.
As versións máis recentes do LibreOffice poden executatar algúns scripts de Visual Basic para Excel se se activa esta funcionalidade en .
Se usa macros nun aplicativo e quere usar noutro a mesma funcionalidade, ten que editar as macros. LibreOffice pode cargar as macros contidas nos ficheiros de Microsoft Office para que vexa e edite o seu código no editor IDE de Basic de LibreOffice.
Pode escoller entre preservar ou eliminar macros de VBA
Abra un documento de Microsoft Office que conteña o código de macro VBA. Cambie só o contido normal (texto, celas, imaxes) e non edite as macros. Gárdeo como ficheiro de Microsoft Office e ábrao con el. As macros VBA executaranse como antes.
Pode eliminar as macros de VBA do ficheiro de Microsoft Office ao cargar ou gardar.
-
Choose LibreOffice - PreferencesTools - Options - Load/Save - VBA Properties to set the VBA macro handling of LibreOffice.