Aplicar estilos de liña mediante a barra de ferramentas
A barra de ferramentas Propiedades de obxecto de debuxo contén iconas e caixas de combinación para definir varios atributos de liña.
-
Prema a icona Liña para abrir a caixa de diálogo Liña.
-
Prema a icona Estilo de frecha para seleccionar un estilo para os extremos dereito e esquerdo dunha liña.
-
Seleccione un estilo na caixa Estilo de liña e especifique a largura na caixa Largurade liña. A largura 0 corresponde a 1 píxel.
-
Seleccione a cor da liña e da frecha na caixa Cor de liña.