Uso do navegador de filtros

Para conectar varias condicións de filtraxe co OU booleano, prema a icona Navegación de filtros na barra de filtros. Aparece a xanela Navegador de filtros.

As condicións de filtraxe definidas móstranse no Navegador de filtros. Ao definir un filtro, aparece unha entrada de filtro en branco na parte inferior do Navegador de filtro. Pode seleccionar esa entrada premendo na palabra "Ou", o que lle permitirá introducir condicións de filtraxe adicionais. Estas condicións están ligadas mediante un OU booleano coas condicións definidas previamente.

Pode chamar o menú de contexto para cada entrada no Navegador de filtros. Nese menú pode editar as condicións de filtraxe directamente como texto. Para verificar se un filtro posúe ou non contido, pode seleccionar as condicións de filtro "baleiro" (SQL:"é nulo") ou "non baleiro" (SQL: "non é nulo"). Pódese eliminar a entrada mediante o menú de contexto.

You can move filter conditions in the Filter navigator by dragging and dropping, or use the keys +Alt+Up Arrow or +Alt+Down Arrow. To copy filter conditions, drag them while holding down the key.

Ao deseñar o seu formulario pode definir a propiedade "Proposta de filtro" para cada caixa de texto do separador Datos da caixa de diálogo Propiedades correspondente. Nas seguintes buscas en modo filtro, pode utilizar toda a información contida neses campos. O contido do campo pode seleccionarse mediante a función Completar automaticamente. No entanto, teña en conta que esta función require unha maior cantidade de espazo de memoria e de tempo, especialmente cando se utiliza en bases de datos grandes, polo que debe usarse con moderación.

Buscar táboas e documentos de formulario